Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

As flores radioactivas

Autor: Fernández Paz, Agustín

Ilustrador: Prado Plana, Miguelanxo

A Fosa Atlántica é unha zona do océano situada a unhas 300 millas das costas galegas. Nela estivéronse mergullando, ata 1982, os residuos radiactivos das centrais nucleares de diversos países europeos. Nesa zona aparece un día unha estraña mancha brillante. O Alto Mando da OTAN acouta a zona e descobre que a mancha brillante está formada por flores, unha morea de estrañas flores mutantes que aboian na tona e deitan un penetrante recendo. Axiña se decatan de que teñen unha propiedade preocupante: a persoa que cheira as flores convértese axiña nunha activa pacifista. Alba, unha rapaza que vive nunha vila de beiramar, vai se-la protagonista da aventura que se empeza a desenvolver. Unha expedición ecoloxista parte a descubri-lo misterio das flores e Alba vai de polisón no barco. Os da expedición, coa imprescindible axuda de Alba, conseguen burla-la vixilancia dos militares e coller mostras das flores, que axiña espallan por todo o mundo. Os efectos do seu recendo non se fan agardar e, no remate da aventura, asistimos ó inicio dunha era en que as guerras non van ter cabida e onde parece posible unha nova orde mundial baseada na paz e na cooperación.