Unha vella moi vella e un vello moi vello desexaban ter un bebé, pero non tiñan nin idea de como facelo. Despois de moitos intentos, de experimentaren diversas fórmulas e mesmo de pediren a colaboración de reis e de cegoñas, a velliña tivo unha idea Con agudo sentido do humor, esta versión libre dun conto tradicional mongol, urde unha trama chea de delicados detalles, a partir dun dos grandes misterios da vida: de onde veñen os nenos?, ao tempo que desenvolve o tema da idade e da procreación.