Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Bicos de sol

Autor: Estévez Estévez, Asun

Ilustrador: Fernández, Mª Xosé

“Bicos de sol” nace para desdramatizar o impacto que supón unha grave enfermidade no seo de calquera familia, pero especialmente para resaltar a importancia da implicación de todos os seus membros. Camiñemos con esa nai e esa filla, todo coraxe e dozura, para cruzar ese río de augas revoltas. Sofía e a súa nai farannos comprender, que cando un problema é asumido con naturalidade, comeza a resolverse. E que, por suposto, un bico de sol é unha gran menciña. Palabra de Barullo.