Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Caracol e Formiga

Autor: Quintero, Armando

Ilustrador: Letria, André

Caracol anda amodo e formiga faino moi rápido, o que non lles impide estaren sempre xuntos. Un día deciden irse bañar ao lago, unha excursión coa que coñecerán mellor a natureza e tamén a eles mesmos. Unha lectura coa que o pequeno lector descubrirá un pouco máis sobre as características destes dous animais e como as limitacións que temos cada un para practicar certas actividades —neste caso bañarse— non son un impedimento para quitar partido da situación e gozar.