Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Chrystyan Magic. Na senda da serpe alada

Autor: Fernández Ana María; Babarro Xoán

Ilustrador: Rivera Ferner Marta

Chrystyan, despois de estar "atrapado na torre" e saír vitorioso, continúa coa normalidade das ocupacións cotiás, pero sen esquecer as ensinanzas que lle transmite Bosco, o vello mago. O nó das aventuras desta nova entrega preséntase nun castro e na reserva vexetal que o rodea, onde Chrystyan e dous amigos son atacados e acaban por se extraviar en cadanseu labirinto. Nestes máxicos lugares, contarán coa axuda dos mouros e das mouras que habitan a parte invisible do castro. A obra, aínda que autónoma en canto á lectura, remite indirectamente a elementos de "Chrystyan Magic-Atrapado na torre" (plano espacial, elementos, personaxes...). Os elementos máxicos ou fabulados están equilibrados con aqueloutros que representan aspectos sociais, históricos ou etnográficos (a convivencia, o traballo, os castros, espazos protexidos, crenzas tradicionais arredor dos castros...).