Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Cita na Habana

Autor: Jaraba, Fran

En 1895 estoupa en Cuba a terceira e definitiva das guerras da independencia. Un mozo compostelán sen un céntimo, Maxi Torres –estudiante golfo, poeta impublicado e ilustre idiota segundo a súa propia definición–, alístase voluntario no corpo expedicionario español e cruza o océano co único propósito de atopar na illa a súa amada, a actriz Lola Molina “La Argentinita”. Mentres rastrexa a pista de Lola, Maxi vese inmerso cada vez máis naquela guerra que, desde o outro lado do mar, se sentía como algo lonxano, véndose na obriga, en moitas ocasións, de tomar partido ante os acontecementos que o envolven. Tralos pasos de Lola percorrerá boa parte da illa e, como o heroe grego Ulises, ata o remate da súa odisea no se vai decatar de que o máis importante da viaxe estaba no camiño. Cita na Habana tamén é unha modesta homenaxe á memoria das víctimas da guerra do 98, cíviles e militares, dun bando e doutro e á daqueles que quedaron aquí a agardalos para sempre.