Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Cobertor de estrelas

Autor: Lisias, Ricardo

Ilustrador: Ezquieta, Itziar

No labirinto da cidade, un neno debe coidar dos maiores, escorrentar os fantasmas, procurar comida… Confía en que a maxia da palabra cambie as cousas, e en que a noite non sexa tan fría. Este álbum trata de maneira literaria, os problemas dos nenos abandonados nas rúas brasileiras. Un libro escrito desde a óptica dun menino da rúa que quere aprender a escribir. Grazas a esta ilusión, o pequeno recobra as esperanzas de saír da pobreza e da violencia nas que se atopa inmerso. Lectura obrigada, tanto pola súa beleza estética e literaria como polo testemuño social porque mentres existan desigualdades sociais, e mentres haxa ignorancia e miseria na terra, libros como este non serán inútiles.