Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Con Tango son tres

Autor: Richardson, Justin

Ilustrador: Cole, Henry

“Con Tango son tres” é a historia real dunha singular parella de pingüíns de barbicha aos que o coidador do zoo de Central Park, en Nova York, Rob Gramzay, deulles a oportunidade -depositando un ovo no seu niño- de teren unha cría tras observar que chocaban infrutuosamente unha pedra. Así naceu Tango, que foi a primeira pingüín en ter dous pais.
O primeiro libro infantil de Justin Richardson e Peter Parnell
foi un éxito e, dende a súa publicación en 2005, recibiu moitos premios. Aínda que tamén foi censurado por sectores conservadores, contrarios aos novos modelos de familia.