Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Contos de Grimm

Autor: Grimm, Jacob; Grimm, Wilhelm

Este fermoso libro de agasallo inclúe os mellores contos dos irmáns Grimm, traducidos para o galego por Xabier R. Baixeras e ilustrados por algúns dos máis destacados ilustradores do estado. Esta dobre antoloxía vén precedida dunha introducción de Gustavo Martín Garzo, suxestivamente titulada “Teoría do final feliz” e remata cun emotivo “Lembranzas dos irmáns Grimm”, escrito por Herman Grimm, fillo de Wilhelm e sobriño de Jacob. Javier Serrano realizou a ilustración da cuberta, que reune os irmáns Grimm con tódolos seus personaxes. Miguelanxo Prado ilustrou o primeiro dos contos, “O lobo e os sete cabritos” e “Os músicos de Bremen”. Fino Lorenzo, o outro representante galego nesta antoloxía da ilustración, encargouse de “Nabiña” e “Os mensaxeiros da morte”. Silvia Blanco de “O fiel Xoán” e “Os mensaxeiros da morte”. Tino Gatagán de “Hänsel e Gretel” e “Brancaneves”. Javier Zabala de “O pescador e a súa muller” e “A viaxe de Polgariño”. Pablo Díaz de “O xastriño valente” e “Brancaneves e Rosavermella”. Miguel Calatayud de “A Cincenta” e “O paxaro de ouro”. Jesús Gabán de “Carapuchiña Vermella” e “A Bela Dormente”. Federico Delicado de “Os seis cisnes” e “A raíña das abellas”. Por último, María Jesús Santos de “Polgariño” e “A laverca cantareira e saltareira”. Cada un dos contos recolle tres ilustracións, unha a toda páxina, e outra de entrada e saída do texto. A edición moi coidada, a magnífica traducción, a encadernación en cartoné, o grande formato, o acabado en plastificado mate, e o prezo moi axustado fan deste volume un estupendo agasallo para o Nadal.