Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Cos ollos na Lúa

Autor: García Teijeiro Antonio

Ilustrador: López Noemí

Dark e Noa forman unha estraña parella de seres diferentes entre os que existe unha fermosa e gran complicidade agarimada polo influxo da Lúa. Can e nena entendénse perfectamente e viven felices nun mundo feito á súa medida, sen segredos; un mundo onde cada un deles, dende a desigualdade, é quen de lle aprender ao outro as propias experiencias e as compartidas cos seus iguais. "Cos ollos na Lúa" fálanos de amizade, de emocións, de tolerancia, de respecto, de esperanza; unha tenra historia que conmove tanto polo que ten de real coma polo que ten de imaxinario.