Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Don Agapito o apesarado

Autor: Rosell, Joel Franz

Ilustrador: Fernández Alonso, Federico

Don Agapito xubilouse e a partir dese día descubriu que non tiña nada que facer. Como non casara nunca, non tiña netos que coidar nin fillos a quen facerlles os recados. Non tiña gato que levar ao veterinario nin un can que sacar a espallar as súas cacas polas beirarrúas. E como non bebía nin xogaba ao dominó, tampouco podía matar as horas no bar da esquina.