Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Dr. Jekyll e Mr. Hyde

Autor: Stevenson, Robert Louis

Ilustrador: Beaman, S.G. Hulme

É esta unha das máis precisas e preciosas novelas de terror que se teñen publicado. Apareceu por primeira vez o ano 1886, e relátano-los experimentos do Dr. Jekyll, home preocupado desde a mocidade pola dualidad e que a alma de cada ser humano contén, abalando sempre entre os principios do ben e o mal, e que el consegue " separar " en si mesmo por medio dunha pócima, dándolle así vía libre á súa parte maligna, presente nel, mais agachada, na segunda personalidade que pala beberaxe adquire, personalidade que de continuo ameaza con apoderárselle da vida toda. A meticulosidade do estilo de Stevenson acada nesta narración instantes de extraordinario poder de suxestión e dramatismo, creando algunhas das escenas máis terroríficas da literatura inglesa.