Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Estas rapazas chegarán moi alto

Autor: Cermeño, Xosé

Ilustrador: Novoa, Teresa

Clara acompaña ó seu pai, don Pepe, nunha visita á catedral de Compostela. Alí fai amizade con dúas xemelgas. Era día de exhibición do botafumeiro, pero ese día pasou algo extraordinario: rachouse a corda, e o botafumeiro saíu a escape pola porta da Acibechería, ¡levando con el a Clara e máis ás dúas xemelgas! Mentres as autoridades se poñen máis ou menos de acordo para formar un " Gabinete de Asuntos Botafumantes " , Clara e as xemelgas descobren que teñen compaña na súa viaxe: a señora Lirón, que coida o sono do seu lironciño. Cando o botafumeiro coas súas viaxeiras acada xa as costas de Irlanda, onde saúdan a Tremendo Peter, o home-canón, o Gabinete aínda non deu atopado a solución para facelo regresar, e os xornalistas entrevistan a todo quisque sobre a nova máis espectacular dos últimos días. Cando os cálculos matemáticos do asesor do Gabinete sinalan que deben andar camiño de Arabia, as rapazas voadoras atopan ó nubeiro, quen lles di que van en dirección ó Polo Norte. O bibliotecario don Aurelio Carabañas descobre un misterioso libro titulado Tratado secreto para o goberno dos botafumeiros, pero non dan co xeito de lelo e interpretalo ata o final. As rapazas terán que atopa-la maneira de regresar, e atoparana coa axuda da señora Lirón e mailo nubeiro...