Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Eu, pel

Autor: González Costa, Teresa

Aquel rapaz ao que lle puxeron un nome que ninguén pronunciaba nunca, fíxose chamar a si mesmo Innominable. Era fillo dun farmacéutico brillante e dunha fermosa aristócrata da illa Meridiana, mais o mozo tiña unha misteriosa lesión. Desde moi pequeno, comezou a poñer máscaras e a experimentar arreo no laboratorio do castelo para atopar un remedio científico que reparase o seu mal. Ao mesmo tempo, no centro da cidade, o taller de pintura de Leopoldo Galean irradiaba luz a cada recanto da illa. Será nese taller onde unha rapaza chamada Niki revelará os seus insólitos dotes artísticos. Certo día o Gran Teatro encárgalle a Niki un decorado baseado na lenda de San Xurxo e o dragón, mais pouco despois a rapaza é internada na Residencia Periférica. O Innominable fíxose co goberno da Meridiana. Niki podería descubrir pronto as verdadeiras intencións daquel a quen moitos chaman Benfeitor.