Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Habitación 202

Autor: Blanco Concha

Ilustrador: Cubeiro Suso

"Habitación 202" colle o seu nome dun dos diferentes escenarios no que se desenvolve esta historia de maquinacións, pesadelos e aparicións. O personaxe principal, que se estrea como licenciado xornalista, comeza a recibir recorrentes visitas dun ser que aparenta chegar do Alén conseguindo alterarlle o ritmo da súa vida cotiá. Isto lévao a pescudar sobre o seu propio pasado, que el percibe opaco pola sospeitosa discreción dos pais. Os resultados das indagacións favorecen a intriga, que se vai complicando nunha atmosfera de misterio, a xeito de xogo cun colle-deixa deixa-colle, entre o protagonista e o resto dos personaxes que van enleando, mentres tecen, a historia ata chegar a un final capaz de conseguir un sorriso tenro no lector.