Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Historias que contan as paredes

Autor: Fernández Ana María

Ilustrador: Cráneo Manel

As paredes son refuxio, barreira, compaña e apoio para todos aqueles que se paran a observar as pegadas que o tempo foi imprimindo nelas. Moitas destas marcas nos lembran os nosos propios sentimentos, que se funden ou reflilcten na sombra que proxectan. Pasear pola rúa ou polos cuartos da casa fai que nos reencontremos cos obxectos que forman parte da nosa vida emocional, da nosa memoria, da nosa experiencia, da Natureza... Unha vez máis, Ana María fainos partícipes do seu universo da complexa e sensible sinxeleza, onde os valores constitúen a base de felicidade.