Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Indo para o Samaín

Autor: Labraña Barrero Carlos; Labraña Barrero Sabela

Ilustrador: Juárez Fernando L.

O Samaín é unha tradición de orixe celta que os americanos importaron co nome de Halloween. En Galicia son moitas as vilas que tentan recuperar esta tradición; o máis coñecido é o que se celebra na localidade coruñesa de Cedeira. A acción desenvólvese nun único acto e os personaxes están relacionados cos elementos característicos do Samaín: cabazas, castañas, o outono? No medio do campo hai tres cabazas; un grupo de nenos achégase a elas coa intención de transformalas en fermosas caveiras coas que desfilar a noite de Samaín. A máis pequena non lles gusta, porque é algo deforme e ela séntese humillada; a súa tristeza e soidade conmoven unha mazaroca, que lle propón ir xuntas á festa. No camiño van facendo novos compañeiros (as castañas, o vento, as follas das árbores) para continuar a peregrinaxe. Paran a descansar e entran en escena un avó e mais o neto. O neno séntese desgraciado por non ter unha cabaza para a festa e o avó, ó ver a que había alí abandonada, talla nela unha preciosa caveira. Todos chegan puntuais a Cedeira para gozar do Samaín e a pequena cabaza resulta ser unha das caveiras máis fermosas, mesmo para aqueles nenos que a rexeitaran. Ela é a encargada de ensinarlles a realidade dos conceptos feo e fermoso.