Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Lixo

Autor: López Rodríguez, Xavier

Ilustrador: Taboada Vázquez, Antonio

Fogar refuxio, fogar cárcere, rúa fogar. Confortable liberdade coutada na casa ou arriscada liberdade sen teito asegurado. Expulsada do gris paraíso familiar, a protagonista de Lixo vese na obriga de enfrontar o inferno exterior, onde a despensa está nos contedores de refugallos, coas armas que ten en cada momento. Armas como a voluntaria opción de facerse pasar por home para merecer un mínimo respecto que, como muller, lle furtarían os habitantes da xungla urbana. A rúa permítelle coñecer a verdadeira amizade, condénaa despois a sufrir a dor da perda e regálalle por fin, de xeito impensado, unha esperanza. Lixo, novela de Xavier López Rodríguez, ilustrada por Antón Taboada, aborda con realismo e gran crueza a situación de exclusión na que viven algunhas persoas mozas das nosas cidades.