Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Mago por correspondencia

Soy un gran lector (12+)

Título
Mago por correspondencia

Editorial

Idioma
Galego

Nº de páginas
104

Publicación

ISBN/EAN
978-84-8302-216-0 / 9788483022160

Género

Sinopsis:

Sucedeu que había un reino que non tiña nin marcha, nin himno, nin música que o amparase. Augusto Trompeteira Diapasón , un famoso compositor con moita confianza nas súas posibilidades creativas, recibiu o encargo dos reis daquel país, que malía ser pequeno posúía case de todo, de compoñer unha música en exclusiva para representar a a aquel reino que litigaba sempre cos seus países veciños, unha democracia remendada e cunha república militar… Baldomero, un contable dunha fábrica de embutidos, parecía unha persoa normal e corrente da cidade de Orilal. Pero non o era, porque se trata dun mago de segunda clase, que aprendeu os seus trucos nun curso por correspondencia organizado por un equipo de bruxas e magos preocupados por comprobar como diminuía o censo de seres máxicos. Baldomero inventaba artefactos ben extraños como o futuroscopio, un tubo retorto capaz de mostrar o futuro que cada un desexa… A Isquirión gustáballe ter un nome máis común. Non sabía por qué tiña aquel nome tan estraño nin quen llo puxera. Con todo, o que de verdade lle inquietaba era que for a parar a un mundo que non lle gustaba en absoluto porque non se oía unha música, nin un son, agradable ou desagradable . Un mundo no que os seus habitantes pasaban o día facendo carreiras contra os grandes reloxos silandeiros, que levaban no pulso ou pendurados de longas cadeas cruzadas sobre as súas grandes barrigas… “Mago por correspondencia” do catalán Joles Sennell (seudónimo que Pep Albanell utiliza nalgunha das súas obras) recolle sete relatos onde, como nas mellores beberaxes, se mesturan de forma sutil a fantasía e o humor. Contos de bruxas, fadas, deuses e, tamén, humanos, ilustrados pola xenialidade característica de Xan López Domínguez.


   Otros libros de este autor

El ball de la geganta

86. La fantástica historia de J. S.

Sorgin amorratua

El bosque encantado

Gorka donearen larrosa