Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Malos tempos para os fantasmas

Autor: Fernández Paz, Agustín

Ilustrador: Castelao, Patricia

Cando Marta fai once anos, a súa familia abandona a vila onde residían e trasládase a vivir na cidade. Alugan unha casa antiga e espazosa, sobre a que circulan rumores inquietantes. Unha vez instalados na nova vivenda, comezan a se producir misteriosos sucesos, que afectan sobre todo á vida de Marta. A nena acabará descubrindo que na casa habita un fantasma invisible, co que se pode comunicar a través do ordenador. Un fantasma con raros poderes, condenado a permanecer na mansión ata que esta sexa destruída. Malos tempos para os fantasmas é unha novela de misterio que, axudándose do humor, nos achega ás dificultades que supón enfrontarse a múltiples cambios nos anos en que se abandona a infancia e comeza a adolescencia.