Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Misterio en Guernica

Autor: Fernández Castro, Xosé Manuel

Ilustrador: Tomás, Xosé

GGañadora do III Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques 2005 Obra gañadora do III Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques 2005 organizado polo IGAEM, definida como “Epifanía entre viacrucis e tableau vivant”, é unha peza, na que, inicialmente, oito personaxes, tanto animais como humanos, aparentemente descoñecidos, van realizando unha viaxe para atopar mellor destino, fuxindo dun país que iniciaba a súa longa noite de pedra, e que a cada etapa se nos van facendo máis próximos até converterse, coa chegada dun neno sorprendentemente precoz e falangueiro, nos tráxicos protagonistas dun episodio de guerra inmortalizado na nosa memoria colectiva. Obra escrita por Xosé Manuel Fernández Castro e ilustración da capa por Xosé Tomás.