Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Moncho e Dríar

Autor: García Yáñez, María

Ilustrador: Pérez Rilo, Ricardo

Nesta novela cóntase a historia de dous rapaces de doce anos separados por unha distancia aparentemente insalvable: 3.000 anos. Dríar vive nunha sociedade do futuro, no ano 5045, mentres que Moncho é un rapaz da Galicia de hoxe. Os dous rapaces levan vidas ben distintas. Dríar vive nunha sociedade colectivizada e tecnificada, na que toda a vida está programada de antemán e onde non hai lugar para o pensamento e a autonomía individual. Mentres que Moncho, fillo único dunha familía da clase media actual, ten o que se pode considerar unha vida normal: vai á escola, lévase ben cos pais e ten un can, Lis, que é o seu grande amigo. O encontro entre ámbolos dous rapaces vai ser posible mercé á valentía de Dríar que, coñecedor da existencia de Moncho a través dun vídeo utilizado para estudia-las formas de vida do século XX, planea a fuxida do seu tempo, fuxida que levará a cabo roubando unha das naves empregadas polos temporólogos da súa época. Dríar chega coa súa nave á Galicia de hoxe e busca a Moncho. Logo de múltiples vicisitudes, acaban por se coñecer, nacendo entre eles unha fermosa amizade.