Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

No corazón da Fraga

Autor: Fernández Naval Francisco Xavier

Ilustrador: Cubeiro Suso

No corazón da fraga dormen os soños dos animais e os dos seres invisibles que, cansos de vagar, veñen descansar a esta fraga. Debes estar atento e probar os teus dotes de observación se queres coñecer os seres fantásticos que se ocultan nas láminas, agardando que ti os descubras. Para che facer mais doada a busca, ó final do libro presentámosche algúns destes seres, que xogan connosco a se camuflar entre as árbores, no río, nos penedos, nas montañas, nos camiños... atopalos só depende da nosa capacidade para soñar.