Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

O caracol sen sol

Autor: Uhía Manolo

Ilustrador: Uhía Manolo

Que ocorrería se o sol non espertase ao chegar a primavera? O caracol e o grilo andan moi preocupados porque este ano ao sol parece que se lle esqueceu a hora de derreter a neve dos cumios das montañas, de iluminar as flores, de quentar a terra. A única solución será organizarse e, entre todos, ir á procura deste sol preguiceiro que tanto está alterando a vida da fraga. Da mesma maneira que esta historia nace para propiciar unha lectura compartida; nace unha lectura nova, aquela na que o adulto vai guiando o camiñar por un texto e por un tratamento plástico esixentes, pero perfectamente comprensibles e asimilables nesa lectura compartida, conversada. Para pais que querem levar á casa non só un libro para que os fillos lean, senón para ler con eles. Para aulas nas que a lectura é unha actividade tutelada. Unha actividade na que as dificultades están aí para axudar a progresar ao lector. Para que a lectura sexa unha creación de experiencias de coñecemento.