Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

O embigo de Xanecas

Autor: Aragües, Ramón

Ilustrador: Chessa, Francesca

Un día á hora do baño, xurdiulle unha dúbida sobre o buraco da súa barriga. E a este pequeno, como debería de sucedernos a todos, non lle gusta deixar ningunha pregunta sen responder. Os nenos atravesan a etapa dos porqués cando a curiosidade por todo o que lles rodea se alía coa imperiosa necesidade de descubrilo por eles mesmos. Deste xeito, é como se produce a aprendizaxe e o proceso natural de ir crecendo. Un conto para desvelar con humor intelixente o porqué da existencia.