Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

O home lobo

Autor: Lluch, Enric

Ilustrador: Meján, Pere

Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido prestixio internacional. Os relatos, cheos de humor, foron escritos todos eles por Enric Lluch. Os protagonistas son criaturas ou monstros do imaxinario infantil relacionados co medo como a bruxa, o vampiro, o home do saco, o zombi, a pantasma, a momia, o ogro, o esqueleto, o monstro do armario e o home lobo. A intención da colección, ademais de entreter, é desdramatizar, con gran sentido do humor e fantasía, o papel que tradicionalmente exerceron estes seres terroríficos entre as nenas e os nenos. Ao final de cada conto, o lector atopa, ao xeito dunha clásica enciclopedia visual, unha divertida descrición do monstro en cuestión. Os dez títulos, que se presentan individualmente, tamén aparecen reunidos nun curioso baúl contedor de cartón ilustrado a toda cor. Hai días que Fermín non ve a lúa chea por mor das nubes e a chuvia. Sen a lúa non pode conseguir un ouveo digno dun lobo de primeira división. Será quen de conseguilo antes de que se faga de día?

Más de Lluch, Enric

Padres forzudos (MAY+Man)

Lluch Girbés, Enric

24Ver
6+

The Show

Lluch Girbés, Enric

24Ver
6+

La tele no funciona (MAJ)

Lluch Girbés, Enric

24Ver
6+