Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

O lobo e os sete cabuxos

Autor: Grimm, Jacob,Grimm, Wilhelm

Ilustrador: Arguilé Martínez, Elisa

Había unha vez unha cabra vella que tiña sete cabuxos e queríaos como só unha nai pode querer os seus fillos. Un día quixo ir ó bosque e buscar comida; daquela chamounos ós sete a súa presencia e díxolles: -Meus fillos queridos, teño que saír ó bosque. Veládevos do lobo, que, se entra, vaivos papar ben papados. O malsín del disfrázase adoito, pero coñecerédelo inmediatamente pola súa rouca voz e as súas patas negras. Os cabritos dixeron: -Naiciña querida, teremos coidado; podes marchar tranquila… O lobo disfrázase adoito coa intención de papar os sete cabuxos. Con moi malas artes petará varias veces na porta da casa para conseguir o seu obxectivo.