Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

O pequeno mago

Autor: Cameselle, Roque

Ilustrador: Benitez, Xevi

Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso, un neno de tan só nove anos, pero armado dunha maxia sorprendente, logra que os malvados guerreiros fuxan espavorecidos. A noticia do prodixio esténdese por toda a comarca e, a partir de entón, Dubidoso será coñecido por todos como O Pequeno Mago. Xunto coa súa inseparable amiga Destreza embarcarase en innumerables e máxicas aventuras e enfrontarase ao poderoso bispo Xoán, señor e dono da cidade, que non lle perdoará que o deixase como un covarde diante dos seus vasalos. Conseguirá O Pequeno Mago saír vitorioso na súa rivalidade con tan poderoso inimigo?