Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

O príncipe das sombras

Autor: Vukotic, Milan

Ilustrador: Peixe

Unha vella historia di que, ás veces, preto das casas deshabitadas, déixase ver unha criatura non máis alta ca un neno. Ninguén viu nunca a súa cara, pero algúns anciáns afirman que de cativos chegaron a ver a súa sombra. Outros aseguran que levaba unha coroa. Por iso a esa criatura se lle coñece como o Príncipe das Sombras. A vella historia tamén di que este ser misterioso estaba buscando a un neno porque precisaba a súa axuda para salvar a alguén. Axudar a quen? Tal vez a unha princesa que vive nun mundo de sombras? Se te adentras nestas páxinas poderás asomarte a ese mundo e coñecer a quen habita nel, un mundo poboado de sombras, moi preto de calquera casa deshabitada.

O Príncipe das Sombras é unha historia sobre a amizade e a fantasía; un relato cheo de poesía e de segredos. Dende o punto de vista artístico, as ilustracións de Pablo Otero aportan unha curiosa interpretación do texto, con irnaxes moi coloristas e de carácter simbólico, pintadas sobre bandexas de cartón.