Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

O rato que lle puxo o cascabel ao gato

Autor: Uhía, Manuel

Ilustrador: Uhía, Manuel

  • 4
  • número de votos: 1

Os ratos vivían felices até que chegou unha terrible ameaza: un gato larpeiro non os deixaba en paz. A solución era poñerlle un cascabel ao gato para oír onde andaba, pero quen ía ser o valente que se atrevería? Mais alí estaba Ratomús, un ratiño arrichado que coa axuda de varios compañeiros se embarcou na arriscada aventura de poñerlle un axóuxere a aquel gato malvado.