Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

O soñador

Autor: Castilla, Gabriel

Ilustrador: Tomás, Xosé

O soñador, do director artístico e dramaturgo arxentino Gabriel Castilla, gañadora do I Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques 2003 organizado polo IGAEM, defínese como “peza de teatro de sombras ou monicreques de luva ou figuras planas ou...”, e, na súa unidade, mostra doce historias marcadas pola ironía, en ocasións, e a poesía e a melancolía, noutras, que nos invitan, moi intelixentemente, a deixar que a nosa imaxinación, como un soño, camiñe no medio da escuridade como un personaxe máis. Evocadora, e toda unha imaxe do que podemos encontrar nesta peza dramática, a capa deseñada por Xosé Tomás.