Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Os Meus Amigos Os Piratas (pillota)

Autor: Long, Melinda

Ilustrador: Shannon, David

O pequeno Breixo vive a aventura da súa vida o día que os piratas de Barbatrenzada lle piden axuda para soterrar o seu tesouro. A bordo do barco pirata, Breixo pásao coma nunca: aprende a divertida linguaxe dos bucaneiros, imita os seus rudos modos e come só o que lle peta sen que ninguén lle rife. Pero cando xa decidiu converterse en pirata, algo ocorre que fai que mude de opinión…