Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Pegadas xigantes

Autor: Krahn, Fernando

Ilustrador: Krahn, Fernando

Unha fría mañá de domingo mamá Úrsula puxo ao forno un pan de cereais, e o seu delicioso arrecendo fixo erguer , moi ledos, ao resto da familia. De súpeto, o tranquilo almorzo foi interrumpido por un extraño renxido na neve... Nesta obra distínguese a actitude coa que nenos e adultos reaccionan ante o descoñecido: os maiores, con temor e desconfianza; os cativos, con curiosidade e inocencia. Unhas pegadas xigantescas representan unha ameaza para as familias do val: ninguén sabe identificar a súa procedencia. Uns rapaces cometeran a imprudencia de saír da casa sen o permiso dos seus pais e os veciños súmanse á busca do monstro que os pode ter retidos.