Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

¿QUERES SE-LO MOZO DA MIÑA IRMÁ?

Autor: MAITE CARRANZA GIL-DOLZ

Eu son Alicia e teño un problema que se chama Sonia. Sonia é a miña irmá e maltrátame desde que nacín. Leva once anos maltratándome día e noite, pero non a meten no cárcere porque é unha menor e non lle poden facer un xuízo, coma ós nazis, por torturar persoas inocentes. E aínda por riba, segundo os meus pais, todo é moi normal, porque resulta que Sonia é unha adolescente e iso xa o xustifica todo.