Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Rita

Autor: Chaundler, Rachel

Ilustrador: Carvalho, Bernardo

O bosque tropical está cheo de perigos, pero Rita, a bolboreta, é moi atrevida e non ten medo a nada. Un día achégase aos elefantes que chapuzan na auga e vese atrapada nunha situación que non domina. Rita pide auxilio, pero ninguén a pode axudar. Finalmente, a situación resólvese grazas á colaboración dun personaxe inesperado… Argumento sinxelo e tenro, que toca temas como a importancia da prudencia, o valor da amizade, ou a solidariedade. Temas que mesmo poden entrar en contradición, velaí a dificultade de calquera proceso de aprendizaxe.