Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Un cabalo de lume

Autor: Casalderrey, Fina

Ilustrador: Gubianas, Valentí

A colección presenta relatos con protagonismo de nenas e nenos de 6 a 8 anos que nos mostran as súas vivencias máis próximas e nos sitúan ante temas como a alimentación, a independencia, o ocio, os ataques a natureza etc. Ao avó Paco chéiralle a fume. "Uf, apesta!, exclama. Un grande incendio quéimao todo: as casas, as árbores, os animais... "Os homes non puideron facer iso, verdade?", pregunta o bisneto. O señor Paco garda silencio. Fina Casalderrey e Valentí Gubianas elaboraron unha historia conmovedora que nos anima a respectar a natureza.