Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Un conto de tres noites

Autor: DoCampo, Xabier P.

Ilustrador: Cobas, Xosé

Xabier P. Docampo confesa, ao inicio deste conto marabilloso ,a súa identidade chairega e a súa señardade do mar. Quizais por esta característica propón aos lectores unha narración engaiolante que explica as razóns polas que unha illa anda polo mar adiante desde non se sabe cando, unha historia desas moi vellas, a dun home que tivo todo o mar dentro da cabeza. Iso é o que o Visito conta durante tres noites, a historia do rei Gaoth, guerreiro valente e astuto, vencedor en centos de batallas, que tivo o mar dentro da súa cabeza. Dende o miradoiro dunha altísima torre, contruída na beiramar, Gaoth esculca arreo o mar, enxergando cada sombra que as nubes debuxan na tona da auga, ata identificar a presencia dunha illa dunha cor verde intensa que apareceu no mar sen advertencia nin explicación ningunha. Un conto de tres noites forma parte desa rede de historias que nos explican a vida, porque ningún castigo merece ser eterno, porque ningunha culpa é imperdoable. Conto ilustrado coa xenialidade a que nos ten afeitos Xosé Cobas.