Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Un home na praia

Autor: Ferriol, Pedro

Paulo quedou orfo moi novo. Aos trece anos vencellou o seu destino ao do capitán Thomas e ao seu barco, no que navegaron durante e vinte e sete anos ata a xubilación do seu vello e entrañable amigo mariño. Xa en terra, Paulo consola as súas saudades de salitre na praia, onde un día atopará casualmente a Alma, unha serea que lle propón un bico de amor. “Un home na praia” de Pedro Ferriol, o seu debut na literatura galega, recolle unha ducia de contos fantásticos e de intriga, tinguidos todos eles coas doses de amor e fantasía suficientes que permiten que as situacións fortuítas transformen os destinos das persoas.