Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico

Autor: Carballeira, Paula

Ilustrador: Otero (Peixe), Pablo

Había unha vez unha morea de contos que non daban atopado a alguén que os contase, buscaron e buscaron ata que deron coa vaca Xuvenca e co porco Cochón. A Xuvenca, ou Xuxú, era unha rubia galega con vocación de vedete. O Cochón, ou Chonchi, levaba no corpo unha alma de cantar de cego. Os dous soñaran desde sempre con saíren polas corredoiras para demostra-lo seu talento, cantar, bailar ou recitar. Chonchi e Xuxú decidiron adoptar a morea de contos vagabundos e marchar de xira co seu espectáculo: Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico.