Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Un saco de estrelas

Autor: Casalderrey, Fina

Ilustrador: Enjamio

Cada atardecida do mes de maio, antes de que o sol comezase a preparar a súa cama laranxa no leito das montañas, aquela muller pasaba entre as burlas dos nenos e das nenas cara ás leiras de Sobredorrío. Levaba sempre un misteriosos saco luminoso que semellaba ter dentro a luz de ducias de estrelas. Pronto deixaron de facer chacota e comezaron a sentir unha mestura de medo e fascianación que os tiña enfeitizados. A todos os insultos, feos coma unha noite sen lúa, a velliña respondía dun sorriso limpo.