Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Verbas de sal

Autor: García Teijeiro, Antonio

Ilustrador: Vázquez Rico, Alberto

Vilamollada é unha vila máis ben pequena, con nubes negras e brancas que tinguen de gris as súas rúas estreitas, cun sol morno que aloumiña os tellados das casas e unha choiva que se perde no mar, facéndolle cóxegas ás ondas. Vilamollada tamén ten unha taberna, unha escola e unha biblioteca pechada, e… o seu tolo. Si, Vilamollada ten o seu tolo como todas as vilas. Ou iso din algúns. Don Evaristo, que así se chama o suposto tolo, vive só nun cuarto alugado da Pensión Malola, unha das máis cutres de Vilamollada.