Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Xiganano, ¿onde estás?

Autor: Cortizas, Antón

Ilustrador: López Domínguez, Xan

O Xiganano é un ser que medra e mingua segundo a hora do día. É o inventor de tódolos contos que se teñen inventado ata agora. Durante sete días déixase ver por tres amigas, ás que lles conta unha morea de historias. O Xiganano tamén falou con Antón Cortizas, o autor dete libro, para que puidese escribir. Mentres o facía, Antón pensaba se o Xiganano existiría ou non de verdade. E matinou nisto con tanta forza que o pensamento se lle escapou do cerebro. O Xiganano anda agora libre, libro como un papaventos, por todo o noso sistema solar.