Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: 28 libros

O presente volume inclúe unha novela (“A negrura do mar”) e dous relatos longos (O misterio do Prión” e “A primeira aventura”) que constitúen unha nova entrega das aventuras de Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, os personaxes creados por Ramón Caride en “Perigo vexetal”, que tiveron novas entregas na colección Merlín, “Ameaza na Antártida” e “O futuro roubado”. Said e Sheila, os dous irmáns ecoloxistas e pacifistas que loitan dende o futuro por un mundo mellor, relatan n' “A negrura do mar” a viaxe que emprenderon no outono do ano 2076 ao Océano Atlántico con motivo dunha alarma medioambiental provocada pola aparición de manchas de hidrocarburos detectadas nalgúns coídos e praias situadas entre Cabo Fisterra e as illas Sisargas. Na enseada do Cuño e na vila de Covelo atoparán indicios da existencia dunha posible marea negra que os remontará, por medio dunhas cartas que lles proporciona unha velliña, aos acontecementos sucedidos no afastado outono de 2002 cando naquelas mesmas costas naufragou o petroleiro Prestige provocando a maior negrura do mar coñecida na Costa da Morte. N' “O misterio do Prión”, os investigadores mozos contan o que lles sucedeu aló polo 2074 cando acometeron a súa primeira intervención en asuntos biotecnolóxicos. Souberon que na granxa de avestruces dos pais do seu amigo Brais comezaran a pasar cousas nunca vistas: algúns animais presentaban un comportamento extraño que será obxecto das súas pesquisas e que os obrigará a remontarse na procura da orixe da síndrome de EEB (Encefalopatía Esponxiforme Bovina) que afectara as vacas, que dían tolas, ao comezo do século XX. Por último, completa estes “Arquivos de Sheila e Said”, ilustrados como nas entregas anteriores por Miguelanxo Prado, a narración da primeira aventura dos irmáns de Loreda, dando conta dos seus primeiros anos de vida na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan.

A negrura do mar

Caride, Ramón

168Ver
12+

Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, viven nas páxinas deste volume as súas máis sorprendentes e arriscadas aventuras. Saben que o futuro non é algo inevitable, senón algo por construír, que temos que facer entre todos. E así o demostran en cada unha das súas aventuras viaxando do futuro ao pasado, e desprazándose no seu transportador por todo o planeta, dende a Antártida a Grecia, dende Suíza á Arxentina, dende Brasil á parroquia de Loreda, a aldeíña galega onde viven conectados ao mundo co seu ordenador, pacifistas, solidarios, defensores da xustiza e do medio ambiente, coa axuda da súa panda de amigos e amigas, saberán enfrontar con optimismo a aqueles que pretenden facerse donos do planeta. Todo o alento das mellores narracións de aventura e ciencia ficción, na primeira serie de personaxes da literatura galega dirixida a lectores adolescentes que Ramón Caride Ogando iniciou con Perigo vexetal, a novela gañadora do Premio Merlín na súa edición do ano 1995. Dende aquela, Caride e o ilustrador Miguelanxo Prado uniron os seus xenios creativos para ofrecer unha serie coidadísima que, ata agora, se completou con tres novas entregas, publicadas todas elas na colección Xerias Merlín: Ameaza na Antártida, O futuro roubado e o conto “A primeira aventura de Said e Sheila”, incluído no volume colectivo Historias para calquera lugar. Xerais ofrece agora nun único volume, encadernado en cartoné, o conxunto da serie para disfrute dos milleiros de seguidores de Said e Sheila, os irmásn ecoloxistas e pacifistas que loitan dende o futuro por un mundo mellor.

As aventuras de Said e Sheila

Caride, Ramón

360Ver
10+