Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: 34 libros

Historias para calquera lugar é o libro colectivo co que a colección Merlín celebra a publicación do seu número 100. Cinco relatos, ilustrados por Miguelanxo Prado, onde se mesturan a intriga, o humor e a emoción; historias que atrapan sen remedio a atención de quen as le. An Alfaya escribiu “A muller prohibida”, un emocionante conto de iniciación e recuperación da memoria. Mentres camiñan descalzos polo areal, o narrador adolescente escoita engaiolado o seu padriño, o relato de como viviu os tempos de Franco e a experiencia dolorosa do seu amor prohibido. Ramón Caride escribiu “A primeira aventura de Sheila e Said”, que nos sitúa na fronteira entre os desertos do erg e do reg, nos primeiros anos de vida de Sheila e Said, na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan. Un trepidante relato da mellor ciencia ficción ecolóxica e solidaria. Agustín Fernández Paz escribiu “As sombras do faro”, un estremecedor relato de terror e intriga, coa presencia das sombras do pasado. O narrador recupera a súa memoria de iniciación adolescente en Pontebranca. Rememora as súas viaxes en bicicleta para explorar a vila e os seus arredores, e a fascinación que sentían por visita-lo outeiro do faro, onde non vai nunca ninguén. Xabier P. Docampo escribiu “Do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira”, un conto cheo de humor. A Silvano mudoulle a vida cando caeu da cerdeira; conmocionado polo golpe, dende entón farfallaba unha lingua que non entendía ninguén. Silvano era un neno simpático, para todos tiña algunha palabra amable que dicía con cara de risa, magoa que ninguén o entendera. Miguel Vázquez Freire escribiu “A secta do can”, un relato de ciencia ficción e intriga. Ax debe localizar, neutralizar e, se fose preciso, destruír á Secta do Can, un grupo de natureza descoñecida que intervén de forma reiterada en pantallas públicas e privadas, mediante mensaxes agresivas e disolventes, manifestamente contrarias á Orde Única Universal.

Historias para calquera lugar

Alfaya, An;Caride,...

224Ver
10+

L'home que va inventar una manera de caminar

Docampo, Xabier P.

No disponibleVer
6+

Os Dereitos de Autor desta obra están destinados integramente a Tierra de hombres, fundación que ten como obxectivos prioritarios os seguintes: - Desenvolver unha estratexia de intervención en saúde materno-infantil. - Protexer a infancia coas medidas axeitadas que lles permitan aos nenos unha supervivencia e un desenvolvemento normal. - Sensibilizar e Educar para o Desenvolvemento. Stop Infancia sen Dereitos pretende ofrecer unha visión completa sobre a situación e as dificultades da infancia no mundo. O nome Tierra de hombres, elixido polo seu fundador Edmond Kaiser está inspirado no libro Terre des hommes do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry, autor tamén da obra O principiño. O pensamento do autor na redacción do libro contrapón os excesos políticos e ideolóxicos da moderna sociedade industrial aos valores "eternos" do ser humano, que el cifraba principalmente no espírito de sacrificio, na xustiza, na amizade e no honor. As nosas mans din de nós e do mundo. Hai mans xenerosas e mans avarentas; mans que acarician e mans que ameazan; mans que chaman e mans que condenan. O noso destino está nas nosas mans ou deixámolo nas mans de Deus. Pero as mans tamén voan e aman, e soben e baixan como tamén din e calan. E as mans dos amantes procúranse, achéganse e tócanse. As mans dos máis pequenos érguense cara a nós para pedir o que non acadan como as mans enfraquecidas e feridas dunha grande parte da humanidade sinalan e avergoñan as nosas mans farturentas e delicadas. Mans é un libro nacido dunha idea narrativa feita de imaxes; as do moito que din e calan as mans humanas. Un libro para que, ao pé de cada neno e de cada nena que o vaia ler, haxa un adulto que dialogue con el e que lle axude a inventar novos camiños narrativos para as súas mans.

Mans

Docampo Xabier P.

48Ver
6+

A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas de amor –que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso–, un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoais e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar. Para iso conta con Ramiro, Sol e Társila, os amigos de Nicolás. As esculcas levaranos a contactar cun anticuario da cidade e despois cunha señora pertencente a unha familia nobre que era a propietaria dun pazo deshabitado de Eiravela, de onde inicialmente procede o reloxo. Todos os catro acodirán ao pazo nunha misión un tanto arriscada, pero chea de sorpresas. Xabier P. Docampo en O Pazo Baleiro deixa albiscar a súa afección pola literatura de aventuras cando eses catro amigos tratan de desenredar xuntos un misterio da aldea onde viven e que se remonta a tempos moi afastados. Docampo retrata con eses catro nenos catro universos diferentes: a rapaza tímida, a valente, o neno independente e o honesto, catro calidades coas que os rapaces conseguirán o que se propoñen. Pero aínda hai algo máis. Amais dunha historia de aventuras tamén o é de solidariedade, de comprensión e de respecto á diferencia pois o misterio comézao Delio, que é o retrato dun ser marxinal, extravagante, incomprendido, pero apaixonado polo seu traballo e cómplice co seu sobriño, a quen lle demostra que o importante é actuar como un pensa. En O Pazo Baleiro, como nas mellores novelas de aventuras, o lector ou a lectora sente que hai algo prohibido. Unha novela de corte clásico que de seguro ha cumprir un dos desexos do autor. “Gústame pensar que para cada libro que escribo existe alguén a quen lle gusta lelo”.

O Pazo Baleiro

DoCampo, Xabier P.

160Ver
12+