Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: 676 libros

Os contos da colección Os Dereitos do Neno e da Nena están dirixidos as nenas e nenos de educación infantil e primaria, e comprenden unha diversidade de temas relacionados con eles. Pretendemos poñer a disposición de nais, pais e educadores un conxunto de elementos que lles poidan ser útiles nas súas tarefas educativas. Que entendemos por dereitos? Os dereitos son as normas legais que regulan as relacións entre as persoas. Dentro destas normas, as nenas e nenos gozan dunha serie de dereitos específicos e universais. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que aprobou esta declaración o 20 de novembro de 1959, solicita a todos os gobernantes e aos pobos que difundan e expliquen os principios enunciados con anterioridade a nais, pais e educadoras, profesionais da sanidade, traballadores e traballadoras sociais, a todas as persoas que se ocupan directamente dos nenos e aos mesmos nenos e nenas. Os obxectivos que nais, pais e educadores queremos conseguir son: * Promover nos nenos e nenas actitudes que faciliten a creación de situacións xustas no seu contorno... * Fomentando unha actitude positiva fronte ás dificultades. * Evitando as liortas. * Amosando o valor do traballo en grupo. * Ensinando a compartir e respectar o material escolar e as instalacións. * Colaborando na limpeza e coidado do medio natural. * Facer que coñezan e respecten as diferentes culturas e etnias coas que convivan non só na propia escola e no seu barrio, senón tamén no ámbito mundial, nun marco de respecto e interese pola diferenza, así como da conciencia da igualdade de deberes e dereitos. * Conciencialas/os das situacións de inxustiza que existen no mundo, especialmente polo que aos nenos e nenas se refire. * Amosarlles que o mundo o hai que construír entre todas e todos, dun xeito máis xusto. Había un lugar no que os nenos e nenas se portaban tan mal que seus pais pediron axuda a través dos xornais. Un día, chegou ao lugar unha estraña muller cunha caixa máxica e ocorreron moitas cousas... Artigo 2º "O neno ou a nena debe estar en situación de desenvolverse dunha maneira sa e normal, no plano físico, intelectual, moral, espiritual e social, en condicións de liberdade e dignidade".

A caixa máxica

Sabaté i Rodiè, Teresa

34Ver
3+

Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que trala mudez do reverencioso Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida familiar que vén dos tempos da guerra. O desexo de coñecer que impulsa Alicia levará a panda a amigarse con aquel toliño que vivía nunha casoupa das aforas, onde gardaba tesouros extraordinarios: saquetiñas de tea que ocultaban xoais, aneis e brincos, moedas de ouro, reloxos de peto… Pero os maiores segredos que Pumariño desvelará a panda seran os seus debuxos, paisaxes marabillososas que ninguén en Eiravella sería quen de imitar e, sobre todo, a entrada á casa da luz, onde se aliñaban unha morea de cadros. Naquela casa da luz, Alicia e os seus amigos poderán entrar nos propios cadros e vivir as aventuras que algún día, Duarte o pintor que descoñecen, imaxinou e non foi quen sequera de pintar. Unha viaxe fantástica que permitirá aos rapaces percorrer o labirinto da torre e coñecer aos homes que perderon as ás. Viaxar dentro de cadros que falan do futuro que nos agarda, un futuro que só se pode albiscar do outro lado dos cadros. A casa da luz, a última novela de Xabier. P. Docampo, recolle a aventura dunha panda de rapaces e rapazas que entran en contacto co mundo da arte e da memoria da guerra dun tempo pasado. Unha aventura que vai acabar por modificar a súa forma de estar no mundo e que constitúe unha reivindicación, tamén, da beleza e da arte. Os cadros que atravesán os protagonistas, obra de grandes pintores como Dalí, Escher ou Palo Ucello, son recreados no libro polo ilustrador Xosé Cobas, empurrando ao lector xove de forma irresistible cara ao mundo da arte.

A casa da luz

DoCampo, Xabier P.

192Ver
12+