Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: 529 libros

Ernest Hemingway dixo do galego universal Arxentino da Rocha Alemparte (Xunqueira de Ambía, 1886-Camagüey, 1959) que «de non ser galego, só sería crible como personaxe literario». Xeneroso filántropo, como tantos outros indianos, o proxecto persoal para el máis querido foi o seu museo de Xunqueira de Ambía, coñecido informalmente como O Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte polas súas indiscutibles similitudes coas renacentistas coleccións de curiosidades –chamadas wunderkammers, gabinetes de curiosidades, cuartos de marabillas…–, xerme dos museos actuais. Destinado a instituírse como un espazo pedagóxico único e posiblemente irrepetible, estaba repleto de pezas singulares, obxectos fabulosos, espécimes exóticos, seres monstruosos…, pero o soño viuse truncado polo estalido da Guerra Civil española de 1936-1939. Sen chegar a ter visita ningunha, o museo ficou pechado como un paquete de agasallo que nunca vai ser aberto. Só un reducido grupo de persoas tivo acceso dende entón aos seus intactos tesouros, respectados polas autoridades fascistas a causa da fonda relixiosidade das irmás de Arxentino e das súas xenerosas doazóns á diocese ourensá, que fixo o museo inmune a calquera intervención ou mesmo expropiación, mentres as súas salas se seguían nutrindo, ata a súa doce morte, dos incesantes envíos do xunqueirán. Grazas ao presente volume, produto de máis dunha década de erudita investigación por parte dos irmáns Pérez Pintos, o Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte amósase agora en todo o seu esplendor aos nosos ollos atónitos, saldando a débeda da sociedade galega coa arela educadora do noso ilustre compatriota.

O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha...

Pérez Pintos, Irene;Pérez...

384Ver
12+

Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante. Dispoñía de seis meses e seis mil euros para cumprir o seu soño de atravesar todas as fronteiras, as visibles e as invisibles, e converterse na Marco Polo que admiraba de cativa. Neste tempo, visitou cidades como Barcelona, Lisboa ou Marrakech e aprendeu a dar pasos por si mesma, con todas as satisfaccións e, tamén, todos os erros ás costas. A fantástica tropa de Ruth, ese alivio para o seu peto e desazo para o corazón, foi ata o momento a súa mellor aliada contra a morriña que lle pisa, teimuda, os calcañares. Agora, nese vehículo incómodo que atravesa Turquía, Leo ten que decidir que facer. Que visitar. Con quen. Como. A rapaza bota a man á cabeza acabada de rapar e suspira. Dende logo, esa visita inesperada en Istambul uns días antes non axuda a tomar unha decisión firme. Estación de tránsito é a segunda entrega da triloxía Ámote Leo A. Logo das peripecias de Destino xalundes, Leo deberá superar dificultades e asumir sorpresas tan marabillosas como imprevistas no seu camiño. Haberá novas cidades, novas amizades e novas pintadas para unha viaxe que parte de cero cada día. Cales serán os seus próximos pasos? Conseguirá Leo cumprir o seu soño? Acompáñaa e déixate seducir por un mundo fascinante da man da infatigable Leo A.

Ámote Leo A. Estación de tránsito

Aneiros, Rosa

288Ver
14+