Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 745 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A historia dos tres porquiños

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Jacobs, Joseph

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - Sopa De Contos

Páginas:
32

Idioma:
Galego

Resumen

Había unha vez unha porca vella e os seus tres fillos. Como non tiñan dabondo para vivir, mandounos a facer pola vida polo mundo adiante. O primeiro porquiño bateu cun home que levaba un saco cheo de palla, e díxolle: -Fai favor, arríame acó esa palla para que poida facer unha casa… Había unha vez tres porquiños pero só o irmán máis vello era traballador e asisado. Por iso fixo a súa casa de tixolo. O porquiño non lle tiña medo ó lobo. ¿E logo o lobo ía ser máis listo ca el?
Cubierta

A illa do tesouro

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Stevenson, Robert Louis

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Xabarín - Xabaril

Páginas:
312

Idioma:
Galego

Resumen

Un mociño inglés do século XVIII vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria. Mesturados el e mais os seus amigos cunha grea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, e norteados polo mapa que tirara o rapaz do cofre dun pirata finado na cativa pensión familiar, bótanse ao mar tras o engado do fabuloso tesouro soterrado por unha banda dos autodenominados cabaleiros de fortuna naquela afastada illa descrita no mapa. As peripecias de Jim Hawkins, do capitán Smollet, de John Silver o Longo e do resto dos tripulantes da Hispaniola significaron para varias xeracións non só a cristalización dos soños de mocidade de aventuras, senón tamén a realización literaria da ansia de escapismo que aniña en todo ser humano. Se ben a complexidade psicolóxica dalgúns personaxes, especialmente John Silver, amosa a característica preocupación de Robert Louis Stevenson pola ambigüidade moral das persoas, A Illa do Tesouro representa en estado puro a novela de aventuras na cal a procura mítica dun obxecto prezado actúa como móbil para a fuxida cara a escenarios exóticos onde a liberdade é posible.
Cubierta

A ODISEA CONTADA AOS NENOS

Autor:
HOMERO

Editorial:
Grupo Edebé

Colección:
BIBLIOTECA ESCOLAR CLÁSICOS CONTADOS AOS NENOS

Páginas:
224

Idioma:
Galego

Resumen

Neste fermosísimo relato nárranse as aventuras que vive Ulises -coñecido como Odiseo en Grecia- navegando polo mar Mediterráneo. Enormes tempestades azoutan a súa nave porque o deus do mar, Poseidón, quérelle facer mal. Non obstante, protéxeo a deusa da sabedoría, Atenea. Ulises ten que enfrontarse a un xigante monstruoso dun só ollo, a unha maga que converte en porcos os seus compañeiros e a moitos outros perigos.
Cubierta

A ODISEA CONTADA AOS NENOS

Empiezo a leer (6+)

Autor:
HOMERO

Editorial:
Rodeira - Grupo Edebé

Colección:
CLÁSICOS CONTADOS AOS NENOS

Páginas:
224

Idioma:
Galego

Resumen

Neste fermosísimo relato nárranse as aventuras que vive Ulises -coñecido como Odiseo en Grecia- navegando polo mar Mediterráneo. Enormes tempestades azoutan a súa nave porque o deus do mar, Poseidón, quérelle facer mal. Non obstante, protéxeo a deusa da sabedoría, Atenea. Ulises ten que enfrontarse a un xigante monstruoso dun só ollo, a unha maga que converte en porcos os seus compañeiros e a moitos outros perigos.
Cubierta

A pantasma de Canterville

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Wilde, Oscar

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Xabarín - Xabaril

Páginas:
184

Idioma:
Galego

Resumen

Cando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis resolveu comprar o pazo de Canterville, todos lle foron co conto de que cometía un grande erro porque a casa estaba enmeigada. O propio Lord Canterville sentiuse na obriga de avisalo de que aquela pantasma lles aparecera aos seus familiares, que pasaban noites enteiras sen durmir por mor dos ruídos que se sentían no corredor da biblioteca. Isto non amedrentou ao embaixador, que consideraba que a pantasma e os mobles non eran máis ca unha parte do lote que quería mercar. «A pantasma de Canterville», conto que lle dá título a este volume de narracións de Oscar Wilde, é, ademais dunha historia de pantasmas, un intelixente estudo de carácter dos membros dunha familia norteamericana e das súas reaccións ante as aparicións nocturnas do espectro de Sir Simon de Canterville. Os outros contos, «O rei novo», «O xigante egoísta», «O rousinol e a rosa», «O Príncipe Feliz» e «O crime de Lord Arthur Saville», están tinguidos dun fondo lirismo do que agroma unha promesa de esperanza e de solidariedade entre os seres humanos.