Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron más de 1000 resultados. Afinar la búsqueda

Cubierta

20.000 leguas baixo dos mares

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Verne, Jules

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
36

Idioma:
Galego

Resumen

Mortos de frío e case sen folgos, Pierre Aronnax, Conseil e Ned Landd atópanse na auga a lombos dun monstro. Só entón se decatan de que non se trata nin dunha balea nin dunha criatura mariña, senón dunha estraña máquina submarina, o Nautilus! De súpeto, ábrese un zapón e os nosos amigos son arrastrados ao interior da nave. Son prisioneiros do misterioso capitán Nemo.
Cubierta

A andoriña viaxeira

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Sabaté i Rodiè, Teresa

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
34

Idioma:
Galego

Resumen

Os contos da colección Os Dereitos do Neno e da Nena están dirixidos as nenas e nenos de educación infantil e primaria, e comprenden unha diversidade de temas relacionados con eles. Pretendemos poñer a disposición de nais, pais e educadores un conxunto de elementos que lles poidan ser útiles nas súas tarefas educativas. Que entendemos por dereitos? Os dereitos son as normas legais que regulan as relacións entre as persoas. Dentro destas normas, as nenas e nenos gozan dunha serie de dereitos específicos e universais. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que aprobou esta declaración o 20 de novembro de 1959, solicita a todos os gobernantes e aos pobos que difundan e expliquen os principios enunciados con anterioridade a nais, pais e educadoras, profesionais da sanidade, traballadores e traballadoras sociais, a todas as persoas que se ocupan directamente dos nenos e aos mesmos nenos e nenas. Os obxectivos que nais, pais e educadores queremos conseguir son: * Promover nos nenos e nenas actitudes que faciliten a creación de situacións xustas no seu contorno... * Fomentando unha actitude positiva fronte ás dificultades. * Evitando as liortas. o Amosando o valor do traballo en grupo. * Ensinando a compartir e respectar o material escolar e as instalacións. * Colaborando na limpeza e coidado do medio natural. * Facer que coñezan e respecten as diferentes culturas e etnias coas que convivan non só na propia escola e no seu barrio, senón tamén no ámbito mundial, nun marco de respecto e interese pola diferenza, así como da conciencia da igualdade de deberes e dereitos. * Conciencialas/os das situacións de inxustiza que existen no mundo, especialmente polo que aos nenos e nenas se refire. * Amosarlles que o mundo o hai que construír entre todas e todos, dun xeito máis xusto. Á terraza da casa de Xela chega cada ano unha andoriña a facer o seu niño. Esta cóntalle a Xela o que viu sobre como viven os nenos e nenas do mundo. Artigo 9º "O neno e a nena deben ser protexidos contra todas as formas de neglixencia, de crueldade e de explotación. De ningunha maneira serán sometidos a unha ocupación ou traballo que prexudique a súa saúde ou a súa educación, ou que dificulte o seu crecemento".
Cubierta

A araña máis intelixente

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Basic, Zdenko

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
18

Idioma:
Galego

Resumen

Araña é unha grande tecedora que, ademais, fai os seus traballos en cores. Logo de tecer para os seus amigos unha mazá (vermello), un vestido (laranxa), unha colmea (amarelo), unha árbore (verde), un paraugas (azul), unha pelota (añil) e un xerro (violeta) aínda foi quen de sorprendelos fabricando un arco da vella. Fermoso libro con textos moi curtos e figuras despregables que achega aos cativos/as obxectos e cores.Son a araña máis hábil e intelixente -di Araña-. É verdade, podo fabricar calquera cousa que me pidades! Podo tecer unha mazá tan vermella como o teu corpo -díxolle á xoaniña-, podo elaborar un traxe de festa, un paraugas para abrigármonos da choiva e... un fermoso arco da vella!
Cubierta

A aspironeta

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Álvarez, Marta

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - Merliño

Páginas:
32

Idioma:
Galego

Resumen

Zip era unha aspiradora que non soportaba a idea de estar simplemente programada para aspirar. Cando á casa chegou a súa compañeira K-38, último modelo en aspira-doras robóticas, Zip quedou esquecida no faiado, logo guindada ao vertedeiro, xunto a outros moitos electrodomésticos. Todo mudará para Zip cando a recolla Sabela e a leve para a súa casa para convertela nunha aspironeta. Entón, comezará para Zip unha nova vida dedicándose a carrexar as nubes dun lugar a outro para compensar os efectos da choiva. A aspironeta, escrito e ilustrado por Marta Álvarez, é un divertido álbum para primeiros lectores sobre o papel dos electrodomésticos para facilitar a nosa vida cotián.
Cubierta

A aventura de Xanzolo

Ya leo solo (8+)

Autor:
Ferrer, Ánxeles

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 7 Anos En Diante

Páginas:
No disponible

Idioma:
Galego

Resumen

Xanzolo está aburrido na casa, coa única compaña do seu gato Tristán. Despois dalgunhas dúbidas, decide poñerse a debuxar. Pinta un barco na parede do seu cuarto. Pouco despois queda durmido e vive en sañas unha gran aventura navegando polo mar no seu barco pintado, acompañado sempre do seu fiel gato. Acorda cando a súa nai regresa e descobre a parede pintada. ¡Outro día castigado!