Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

A árbore tan pouco árbore

Autor: Pérez Arteaga, Miguel Ángel

Ilustrador: Pérez Arteaga, Miguel Ángel

Hai selvas-illa, selvas-montaña e selvastrampolín. En cada selva hai un lobo, un alce e un caribú. Pero nesta selva había unha árbore que non era como as outras: falaba. —Nunca vira unha árbore tan pouco árbore –dixo o lobo. Neste álbum singular, Miguel A. Pérez Arteaga ilustra unha antiga fábula africana a partir de materiais reciclados: anacos de madeira, arames enferruxados, cartón..., cos que crea un ambiente poético e inspirador. Deste modo, busca educar e desenvolver a sensibilidade artística e creativa, e motivar os lectores a construír as súas propias historias a través de obxectos cotiáns.