Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Anamarciana no Planeta Vermello

Autor: Varela Ferreiro, Alberto

Ilustrador: Varela Ferreiro, Alberto

Marte é o Deus da guerra segundo a mitoloxía romana pero tamén é o Planeta Vermello porque dende a Terra recoñecese no ceo nocturno como un punto vermello brillante. Hai moitos millóns de anos terrícolas, Marte era un planeta estupendo para vivir, cheo de mares e praias… Alí vivían os avós de Anamarciana, Estrela e Ramonmarciano, pero a contaminación fixo que de convertera nun deserto vermello e os marcianos tiveron que emigrar. Anamarciana coñecerá Marte grazas ao seu avó que a levará de excursión no pote fotónico conducido polo robot Ambrosio IV. “Anamarciana no planeta vermello” é a terceira entrega da serie “Anamarciana”, a extraterrestre máis simpática da Galaxia, publicada na colección Merlín e escrita e debuxada Alberto Varela Ferreiro. Unha nova achega desta serie de ciencia ficción para primeiros lectores onde a ilustración infográfica destaca pola súa orixinalidade e pola súa capacidade para suxerir aos lectores espazos siderais.